O Rio Celeiro

esa vida asulagada no fondo

as últimas cores do outono

E OS ÚLTIMOS SILÉNCIOS.

blog_dsc9909

Hoxe escoitei ao rio Celeiro. Vai fermoso e cheo de auga.

As neves destes dias fan que cante alegre.

Pero talvez sexa a última vez que  poida escoitalo en siléncio.

Os bruidos dos coches invadirán o espazo cando abran a nova estrada e ese viaducto que o sobrevoa.

O progreso mal entendido.

Mentras deixan morrer os camiños de ferro, 

ese fermoso transporte colectivo,

inzan a terra de asfalto e coches que contaminan.

blog_dsc9822

Sárria, 16 decembro 2008        ©xosé marra

Dezembro 16, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário