O Rio Celeiro

esa vida asulagada no fondo

o tren

O TREN E O RIO CELEIRO

Sárria, 16 marzo 2006    ©xosé marra

Maio 28, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

letras

 

Sárria, maio 2005    ©xosé marra

 

Abril 10, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

insectos

Sárria, 30 maio 2005    ©xosé marra

Abril 10, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

as árbores

_dsc0085.jpg

_dsc1329.jpg

_dsc5981.jpg

_dsc0333.jpg

Sárria, 2006/2007/2008    ©xosé marra

Março 12, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

os prados

_dsc0034.jpg

_dsc0061.jpg

_dsc0058.jpg

_dsc0054.jpg

_dsc0042.jpg

Sárria, 16 marzo 2006    ©xosé marra

Março 12, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

a auga

_dsc0019.jpg

_dsc0040.jpg

_dsc0026.jpg

_dsc0244.jpg

dscf0149.jpg

Sárria, 2005/2006    ©xosé marra

Março 11, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

a ponte dos franceses

dsc_0037000.jpg

A Ponte dos franceses ou da Áspera    maio 2005     ©xosé marra

Fevereiro 26, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

rio celeiro ou rio pequeno ou mazadoiro ou das vacas ou da estación ou barbadelo ou da chanca ou de rañoá

dsc_0128.jpg

Sárria, maio 2005    ©xosé marra

A XUNTANZA CO CELEIRO

Abaixo da vila de Sarria recebe o río Celeiro, que tamén é coñecido como Pequeno ou Mazadoiro, e tamén río das Vacas ou da Estación e que recibiu na Idade Media o nome de río Barbadelo. Algúns autores, sen fundamento algún, tamén lle teñan chamado Sarria, considerandóo como o seu ramal ocidental.

A bacía do Celeiro é de considerable superficie, e comprende parte da terra de Froián (San Sadorniño e San Pedro), e as parroquias de Chorente, A Chanca, Albán, Ortoá, Maside, Requeixo, San Salvador de Sarria e Arxemil e parte das da Cervela, Loureiro, Piñeira, Barbadelo, Farbán, Meixente e Betote.

Dende Santa Icía, ata augas abaixo do Oural, o rego de Barbadelo é unha pervivencia do nome medieval, e xunto co rego da Laxe constitúe un dos ramais orixinarios do río Celeiro.

O outro ramal ten orixe no Carreonzo, perto da Poza e de Penaxubeira (A Cervela-O Incio) e na fonte das Laxes, que forman o regueiro que hoxe se chama da Estación do Oural.

Baixo Vilar de María

Podemos considerar que o hoxe chamado río Celeiro xa se forma propiamente por baixo de Vilar de María e axiña recebe as augas do regueiro da Valiña, pola dereita, e do rego do Portiño, que baixa do Cotarelo, pola esquerda. Tamén pola esquerda e dende Torrón, chegan as augas do rego de Vilameá, e máis abaixo, pola dereita as do Rego de Lamparte.

Dende as abas do monte de Rebordelo, e da agra de Lamalonga, pola esquerda, baixa a engrosar o seu caudal o rego de San Martiño e perto da Rañoá, pola esquerda, achega as augas do rego de Paredes ou de Vilei. Pouco máis abaixo, xunto do Castro de San Miguel, dende as estribacións do monte do Páramo, baixo o hoxe chamado rego de cervos os rego de Río, que é o medieval río Bao, que xunta augas en Meixente, Ortoá, Maside e Barbadelo.

Xa na vila de Sarria, xunto da estación do ferrocarril, onde no século pasado lle foi desviado o curso, chegan as augas do rego do Mazo, que trae o seu caudal dende o monte de Xaneiras. O pequeno rego do Mazadoiro, tamén pola esquerda, aporta as augas que xorden no monte de Santa Cristiña e nas inmediacións de Treilán.

Antes de se xuntaren o Sarria e o Celeiro, o Sarria presenta a curiosa formación dunha illa moi alongada, inzada de vizosa vexetación a carón da depuradora, que era un marco de incomparable beleza, agora desvirtuado pola depuradora.

O Celeiro tamén lle chamaron río da Chanca ou de Rañoá. Segue o Sarria separando as parroquias de Betote e San Xulián da Veiga.

Xaime López Arias.

(diário La Voz de Galicia, 07 maio 2005)

Fevereiro 23, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

a selva

A teima  contra da vexetación non controlada polo home está moi arraigada no povo. É unha actitude frecoente nun pais no que a humidade é grande, chove moito, e a vexetación é abondosa, cercana e cotiá. A xente sempre quere cortar árbores porque asombran moito, rozar silvas ou toxos porque son maleza.

Agora chove pouco, e parece que a seca vai ser inevitábel. Talvez cando haxa só unha árbore, unha cobra, un paxaro, comecemos a valorar a todas as espécies, que están ahi para algo, todas teñen a sua función.

Nesta crónica publicada en xullo do 2003, no diário La Voz de Galicia, podemos apreciar o concepto de Natureza que ten a xente. Noutros paises qué non darian por teren perto das suas casas un rio con vexetación frondosa e fauna — ainda que foran ofidios e roedores .

Fevereiro 23, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário

Cegoña branca

_dsc00300000.jpg

Sárria, 16 marzo 2006      (UTM 29TPH23)

_dsc1334.jpg

Sárria, 16 febreiro 2008      (UTM 29TPH23)

Cegoña branca (Ciconia ciconia ) aniña nas beiras do rio Celeiro, no bico dun poste metálico de alta tensión.

©xosé marra  

Fevereiro 21, 2008 Posted by | rio celeiro | Deixe um comentário